tag:blogger.com,1999:blog-4497682724783576858.post4142267031206605404..comments2024-03-17T22:47:36.441+01:00Comments on desde la croa: SUCEDIO EN A CROA. 1930.Jesúshttp://www.blogger.com/profile/06182690315209283198noreply@blogger.comBlogger3125tag:blogger.com,1999:blog-4497682724783576858.post-21427055403271215742015-12-28T06:48:28.821+01:002015-12-28T06:48:28.821+01:00Moitas grazas Mariola polas túas verbas. Onte pola...Moitas grazas Mariola polas túas verbas. Onte pola noite non pudimos ver ata onde chegou o lume, xa que estaba moi oscuro, pero polo visto coa linterna o que quemouse parece que foi sobre todo monte baixo. Pola dirección do vento creo que as dunas non se viron afectadas. Gustaríame pensar que foi un accidente: algunha colilla mal apagada dalgún dos moitos paseantes que houbo onte. Se non, non lle encontro o senso.

Hoxe pola tarde, despois do traballo, poderei ver o que resultou afectado, que espero que sexa o que supongo, e pouco.

Moitas grazas de novo polas túas fermosas verbas.

Unha forte aperta.Jesúshttps://www.blogger.com/profile/06182690315209283198noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-4497682724783576858.post-10014349512278132302015-12-28T01:30:38.972+01:002015-12-28T01:30:38.972+01:00Con isto, quero dicir, que a pesar do lume e do de...Con isto, quero dicir, que a pesar do lume e do desastre, e a pesar do odio ao ser humano que provocou algo así, non perdas o optimismo co que comezas este texto, co que escribes sempre e co que disparas cada foto. Para mín este blogue sempre resultou un espazo de coñecemento, de bo rollo, e sen dúbida de esperanza.

Unha aperta virtual desta lectora.Mariola Lópeznoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-4497682724783576858.post-71518283603760806672015-12-28T01:23:37.824+01:002015-12-28T01:23:37.824+01:00Cada certo tempo, invirto unhas horas da miña vida...Cada certo tempo, invirto unhas horas da miña vida en ler o que escribes. Sígote, dende hai anos, no silencio. E coñecinte nunha limpeza de praia nese mesmo lugar, sen saber que eras ti ata que vín no teu blogue que me tiraras dúas fotos. Coñecinvos a ti e á preciosa moza de pelo curto da que subes moitas fotos que supoño é a túa parella. A miña cadela de augas perseguíate, encántanlle as camaras, lembro que a túa moza a acariciou. Encantáchedesme e a vosa maxia fixo que aínda me encantase máis este blogue.

Nunca volo dixen, nunca escribín, pero hoxe, que despois de semanas sen lervos, lín esto esta mañá, e me acosto co desacougo e coa casualidade de ver as fotos da Croa queimada, e o ecosistema dunar debastado como non pasara en 85 anos, hoxe tiña a obriga de escribirbos para sacarvos un sorriso. E que ti, que defendes con gracia a natureza sen dicir moitas palabras, fotografando e amosando o máis fermoso da comarca, non te desmorones hoxe, porque están ardendo as dunas, porque hai uns cantos que son moi malos e fan moito ruído, pero nós, NÓS SOMOS MÁIS.

E ademáis de ser máis, temos connosco ás pingas de choiva, as moras das silveiras, aos esquíos que voan entre os pinos, e as ondas do mar.Mariola Lópeznoreply@blogger.com